Sunday 19 de May de 2024

Alalba e Abuela Floria recollen os seus galardóns como mellores escaparate e decoración hostaleira en Artemar 2015


O salón de plenos do Consistorio viviu na noite de onte a entrega de premios de Artemar Riveira 2015: un acto que contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Promoción e Dinamización Económica e Cultura, Fabiola García, e o vicepresidente da Asociación de Empresarios Juan Manuel Sampedro.

Entre os asistentes, numerosos comerciantes, responsables de establecementos hostaleiros, artistas e asociacións que recolleron cadanseus diplomas conmemorativos da súa participación na feira. Tamén estivo a pregoeira da mesma, Sabela Pensado.

O acto serviu para entregar os galardóns ás dúas entidades gañadoras dos Concursos de Escaparatismo (Alalba) e de Decoración de Locais de Hostalería (Vinoteca Abuela Gloria).

O evento rematou cunha foto de familia.